mércores, 10 de maio de 2023

GOCEMOS DA PRIMAVERA!

 Mirade que ben quedan as mesas novas cos seus bancos!

Moitos e moitas de vós xa estades dándolles uso para comer, charlar, e ler ao aire libre.

Gozade do sol e do aire fresquiño!

  


venres, 28 de abril de 2023

BOOKFOLDING

 



Mirade canto traballamos no obradoiro de Dobralibros. Estes rapaces son uns artistas! Parabéns




sábado, 15 de abril de 2023

UNHA NOVA VIDA PARA OS LIBROS VELLOS

 Tes na casa libros que xa non che valen, como dicionarios de cando eras pequeno, libros non adaptados ás actuais normas ortográficas, axendas de anos pasados que che regalaron e non chegaches a usar, ou calquera volume que teñas pensado botar no colector para reciclar?

Se é así, podes darlles unha nova vida converténdoos en obxectos decorativos, verdadeiras obras de arte coma estas




Se che gusta a idea, apúntate ao obradoiro de Bookfolding (Dobralibros) que teremos o próximo luns, día 24, desde as 4  ata o remate das clases da tarde.

Para participar debes traer: o libro para dobrar, lapis, goma, regra e tesoira.

Anímate!



venres, 14 de abril de 2023

A EXPO DAS GRANDES PEDRAS

De novo temos no noso centro a exposición do Megalitismo da Costa da Morte, que nos presta o Seminario de Estudos da Costa da Morte (SEMESCOM). Podedes vela no primeiro andar do edificio da ESO, este ano con catro paneis novos, que representan os novos monumentos estudados (entre eles dous menhires ou pedrafitas) e tamén o estado actual do dolmen de Dombate.

Aquí tedes eses catro novos paneis:



martes, 11 de abril de 2023

Encontros con Carlos Callón e Marcos Porto

 Hoxe comezamos o último trimestre do curso coa visita de dúas figuras importantes na nosa literatura: 

Carlos Callón, autor dun libro imprescindible para comprender a situación actual da nosa lingua e a orixe de moitos prexuízos que aínda se dan en certos sectores: O libro negro da Lingua Galega, un traballo profundo e minucioso sobre a represión da lingua galega ao longo da historia, desde a Idade Media ata a actualidade:




Marcos Porto, un autor da Costa da Morte que veu falar da súa primeira novela, Marco di Murano, nun encontro co alumnado que estivera traballando con esta obra no pasado trimestre.




mércores, 29 de marzo de 2023

LECTURAS DE PRIMAVERA

 Non vos esquezades de aproveitar estas vacacións para ler un pouco. 

Aquí van as nosas recomendacións

venres, 24 de marzo de 2023

QUE PODES FACER ANTE UN LIBRO DE ARTE?

 Os libros de arte da nosa Biblioteca ensínannos moitas obras fermosas. Podes vir, podes mirallos... e ademais tamén podes facer coma estes rapaces e rapazas de 2º da ESO, que levaron a cabo unha actividade de Tableaux vivants, ou Cadros vivos.

Consiste precisamente en vestirse, peitearse, maquillarse, e crear a ambientación necesaria para recrear un cadro que che guste. E fotografarse, claro, para que te vexamos!

Mirade que obras de arte vivas lograron:


 

 

Isto é só unha mostra. No corredor podes ver moitas máis