Amosando publicacións coa etiqueta Concurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de febreiro de 2023

DEBUXA A TÚA ROSALÍA

 Mira estes retratos de Rosalía de Castro feitos por diferentes artistas contemporáneos


  


Atréveste a facer ti a túa proppia interpretación desta cara tan famosa e tan importante para a literatura do noso país?

Para participar, só tes que realizar un debuxo de Rosalía, facendo a túa propia interpretación deste famoso retrato.  Debes facelo nun folio ou cartolina de tamaño A4, usando calquera técnica (acuarela, ceras, collage, lapis, tinta...) e entregalo na biblioteca antes do venres, 31 deste mes.

Haberá sortedo de regalos pola participación e premio para os mellores.

Anímate a participar!


martes, 10 de xaneiro de 2023

ILUSTRA O TEU LIBRO PREFERIDO

 O próximo día 30 celébrase o DÍA DA ILUSTRACIÓN E OS ILUSTRADORES. 

Conmemórase nesta data porque ese día é o aniversario de Castelao, qeu como sabedes foi, ademais dun importante escritor, un gran pintor, debuxante e ilustrador.

Con motivo desta conmemoración na Bibliosoneira convidámosvos a participar no concurso:

ILUSTRA O TEU LIBRO PREFERIDO


PARA PARTICIPAR:

Pensa nun libro que che gustase moito, fai un debuxo relacionado con el e entrégao na Biblioteca antes do día 31 de xaneiro.

Os debuxos poden ser realizados con calquera técnica, pero deben ser orixinais e inéditos (non copiados das propias ilustracións do libro, por exemplo)

Os traballos debedes presentalos nunha cartolina ou folio tamaño A4, co títulodo libro na parte superior e o voso nome completo e curso na inferior.

Os debuxos quedarán expostos na biblioteca e/ou no corredor a partir do mércores, día 1 de febreiro

HABERÁ REGALIÑOS POLA PARTICIPACIÓN 

E PREMIOS PARA OS MELLORES TRABALLOS.







venres, 11 de novembro de 2022

CHEFS DO INFRAMUNDO

 Velaí as magníficas sobremesas do Inframundo que prepararon os nosos chefs de 1º da ESO. Román e Escarlatina estarían moi orgullosos de todos eles

Que pintas terroríficas tiñan e que boas estaban todas!

 


  

  

  

  


  

  



luns, 4 de abril de 2022

EXPOSICIÓN E CONCURSO ENRIQUE LABARTA POSE

Continuando co noso plan de darvos a coñecer autores e obras relacionadas coa Costa da Morte, hoxe presentámosvos un clásico.

Desde hoxe, e ata o venres 29 deste mes, podedes visitar na nosa Biblioteca a exposición sobre a figura do escritor de Baio Enrique Labarta Pose que nos cede temporalmente o Concello de Zas. 

Labarta foi un poeta, narrador e dramaturgo do século XIX, contemporáneo de grandes figuras do Rexurdimento galego.

Non vos imos dar aquí máis datos sobre a súa vida e a súa obra porque queremos que o coñezades por vós mesmos. 

Cando veñades pola biblioteca veredes que sobre unha mesa, e tamén fóra, tedes á vosa disposición a convocatoria e os materiais para que poidades participar nun concurso sobre este personaxe. Hai varias modalidades de participación, podedes escoller as que prefirades, ou ben xogar en todas.

Todas as respostas están na propia exposición, e tendes ata o remate deste mes para atopalas.

Animádevos a participar!







venres, 22 de outubro de 2021

CONCURSO! INVESTIGA SOBRE OS "DÍAS DE"

PARA REMATAR O MES DAS BIBLIOTECAS...

 QUERES XOGAR CONNOSCO?

  Participa buscando información sobre varias conmemoracións relacionadas cos libros e a lectura



    É moi doado: só tes que investigar un pouco para averiguar, de cada conmemoración, que día se celebra e por que motivo se fai nesa data.



        Cando teñas as respostas, cubre a ficha que atoparás na mesa pequena da biblioteca e deposítaa na caixa situada  sobre a mesma mesa. 
Non esquezas poñer tamén o teu nome completo e curso!




 

    Como é información moi faciliña de atopar, hai que facelo axiña: entrega a túa ficha debidamente cuberta ao longo da vindeira semana, entre o luns 25 e o venres 29.


Entre as persoas que completen todas as respostas correctamente, sortearemos varios agasallos.


martes, 1 de xuño de 2021

Xa temos os fallos dos nosos concursos do mes de maio!


Hoxe reuníuse na Biblioteca o xurado dos Concursos convocados este mes en colaboración co Equipo de Normalización Linguística do centro e aquí están os fallos:

No concurso De Rosalía a Xela: Xoga ao 21 coas nosas escritoras temos 5 premiados/as: 

-Ana Lema Iglesias, 2º eso B

-Sergio Pose, 3º eso A

-Natalia Torres Trillo, 4º eso A

-Lucía Roget Blanco, 4º eso A

-Nuria Lema, 1º CMXA


No XI Concurso literario Terra de Soneira, este é o fallo do xurado:

1º) Na Categoría de 1º e 2º da ESO, na modalidade de relato, o gañador é o relato presentado co lema “O nubeiro soneirán”: trátase do relato “Etéreo” de Juan Martínez Carballo de 2º da ESO B

A modalidade de poesía fica deserta.


 2º) Na Categoría de 3º e 4º da ESO, na modalidade de relato, o gañador é o relato presentado baixo o lema “A nena silenciada”: trátase do relato “O que moitos calan” de Paula Torres Pedreira de 4º da ESO A.

 

Na modalidade de poesía, o gañador é o poema presentado baixo o lema “Fortaleza”: trátase do poema “Ti decides cando” de Lucía Roget Blanco de 4º ESO A.

O xurado decidiu conceder un accésit nesta modalidade ao poema presentado baixo o lema “Corvo branco”: trátase do poema “Liberdade rapaz” de Erik Rodríguez Pequeño de 4º ESO A.

 

3º) Na Categoría de Bacharelato e Ciclos formativos, na modalidade de relato, o gañador é o relato presentado baixo o lema “Sempre en Galiza”: trátase do relato sen título (polo que lle atribuímos o do lema) de Ramiro Martínez Mato de 2º Bacharelato B.

A modalidade de poesía fica deserta.


Os textos premiados serán expostos nos corredores do Edificio da Eso esta semana e os premios aos dous concursos serán entregados na 3ª semana do mes de xuño.

Graciñas aos participantes e Parabéns para os premiados!!


luns, 10 de maio de 2021

De Rosalía a Xela: Xoga ao 21 coas nosas escritoras

 Co gallo do Mes das Letras, a Biblioteca o o EDNL convoca un concurso para o alumnado da ESO que consiste en investigar sobra a obra das nosas escritoras. Das 21 escritoras seleccionadas, haberá que atopar 1 obra de cada unha delas e indicar a que xénero literario pertence. O prazo de entrega é ata rematar o mes de maio e o lugar é a Biblioteca do IES.




Aquí están as bases do concurso.

Entre os que acerten as 21, sortearanse 10 premios. Moita sorte!

luns, 3 de maio de 2021

A ESCRIBIR!

 


Lembrade que, desde o Día do Libro ata o remate deste mes de maio, o Mes das Letras, está aberto o prazo para participar no concurso de poesía e narrativa que convocan, como cada ano, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística. Xa imos pola 11ª edición!

Podedes consultar as bases na Biblioteca e nos taboleiros de cortiza das vosas aulas. Mirádeas ben e animádevos a participar.

Non vos despistedes, que o tempo corre!