mércores, 29 de marzo de 2023

LECTURAS DE PRIMAVERA

 Non vos esquezades de aproveitar estas vacacións para ler un pouco. 

Aquí van as nosas recomendacións

venres, 24 de marzo de 2023

QUE PODES FACER ANTE UN LIBRO DE ARTE?

 Os libros de arte da nosa Biblioteca ensínannos moitas obras fermosas. Podes vir, podes mirallos... e ademais tamén podes facer coma estes rapaces e rapazas de 2º da ESO, que levaron a cabo unha actividade de Tableaux vivants, ou Cadros vivos.

Consiste precisamente en vestirse, peitearse, maquillarse, e crear a ambientación necesaria para recrear un cadro que che guste. E fotografarse, claro, para que te vexamos!

Mirade que obras de arte vivas lograron:


 

 

Isto é só unha mostra. No corredor podes ver moitas máis


luns, 6 de marzo de 2023

BOLBORETAS POLA LIBERDADE

 Mirade que fermosa está a nosa biblioteca coas bolboretas moradas voando sobre os libros!

Grazas ao voso traballo colaborativo, outros moitos espazos do centro tamén se encheron destas bolboretas que buscan a liberdade



mércores, 1 de marzo de 2023

LECTURAS POLA IGUALDADE

 Hoxe queremos comezar o mes de marzo, o mes das mulleres, amosándovos unha pequena selección de libros moi diversos, e tamén películas encol do tema da igualdade.

Como sempre vos dicimos, non está todo aquí: temos máis. Animádevos a dar unha volta pola biblioteca e botar unha ollada aos nosos andeis ou ao noso catálogo