Amosando publicacións coa etiqueta Delgado Gurriarán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Delgado Gurriarán. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de abril de 2022

BENVIDO, DON FLORENCIO!

Desde hoxe na biblioteca xa volve haber algo máis de espazo, pois esta mañá clausuramos a exposición sobre Labarta Pose. 
Grazas pola vosa participación no concurso, en breve daremos os resultados, e os premios entregaranse, xunto cos doutros concursos, na festa de despedida do curso.

Entramos agora no Mes das Letras, e este ano xa sabedes que a RAG decidiu homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán.



Xa temos na Bibliosoneira un par de libriños para que vos vaiades familiarizando un pouco máis con este autor, e tamén a súa obra poética completa. 






luns, 25 de abril de 2022

ROTEIRO LITERARIO-DELGADO GURRIARÁN

 O pasado sábado, varios membros e ex-membros do Club de lectura, do equipo de Biblioteca e do Claustro do noso IES celebramos o Día do Libro asistindo a un roteiro literario polos espazos vitais e literarios do autor homenaxeado o Dia das Letras Galegas deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.

Estivemos acompañados e guiados por Ricardo Gurriarán, sobriño neto do autor, que nos levou polos lugares da súa infancia na aldea de Córgomo, polos camiños que percorría a diario para ir ao Barco a estudar, e por varios lugares importantes na vida do autor na propia vila de O Barco de Valdeorras. Tamén nos guiou e nos acompañou na lectura de algúns dos seus poemas.

Aínda que é unha actividade organizada polo CAFI, se non hai problema de prazas ou doutro tipo podemos levar algún acompañante como "oínte", o cal nos permitiu neste caso, e nalgún outro, que puidesen asistir algunhas persoas adultas da veciñanza, amantes da lectura e desexosas de saber máis sobre este poeta. Esperamos qeu isto contribúa a que para o próximo curso estas veciñas se animen a achegarse ao centro e a  participar noutras actividades, como o Club de lectura.