domingo, 31 de xaneiro de 2021

PROPOSTAS DE COMPRA

 Que cres que falta na nosa biblioteca? Que libro, cómic, película... che gustaría que tivésemos para prestarche e que non hai?

Podes escribir un comentario coas túas suxestións e, segundo vaiamos podendo, iremos adquirindo o que nos vaiades indicando. Fai a túa proposta o máis concreta e clara que poidas, indicando polo menos título e, se é posible, o autor/a, se é un libro ou un cómic

Non somos os Reis Magos, nin o Apalpador, nin Papá Noel, nin o Rato Pérez, nin... pero farase o que se poida

BENVIDA


Dámosvos a benvida a este novo espazo de comunicación. Esperamos que o visitedes e participedes moito nel.

Aquí iremos poñendo noticias, convocatorias, información en xeral, e calquera cousa que nos poida resultar curiosa ou interesante en relación coa nosa biblioteca, cos libros, coa lectura... e animámosvos a que participedes cos vosos comentarios.