xoves, 23 de xuño de 2022

PARA O VERÁN

O verán é longo e hai tempo para todo. Tamén para ler. Aquí vos deixamos unhas recomendacións variadas, para que escollades.

Boa lectura e bo verán!




martes, 7 de xuño de 2022

E O ÚLTIMO ESCRITOR QUE NOS VISITOU ESTE CURSO FOI...

 Onte celebramos a última reunión do noso Club de lectura (á que puideron asistir outras persoas que o desexasen e puidesen facelo, pois as nosas portas están sempre abertas) e gozamos dunha clausura memorable, pois recibimos na nosa Biblioteca a outro dos autores máis lidos este curso.

Trátase de Manuel Iglesias Turnes, un autor case veciño e case "da casa" pois xa non é a primeira vez que nos visita e que nos atende sempre con moitísima amabilidade. 

Nesta ocasión estivemos falando da súa última novela, Os soños de Miguel, que se ambienta tamén na parroquia de Cabanas, coma as dúas anteriores, pero nesta ocasión nun tempo de transición entre a tradición e a modernidade, tanto na actividade económica como na vida social, cultural e política.

Celebramos este encontro, e esta clausura, estreando camisetas, que nesta ocasión levan estampada esa fermosa vaca "de Mondrian" que aparece na portada do libro.

Grazas a Manuel, a todos os nosos lectores e lectoras, e ata o próximo curso.

Publicaremos nas próximas semanas o noso último boletín de recomendacións lectoras, para que sigades lendo moito no verán

Boas vacacións!