O pasado sábado, varios membros e ex-membros do Club de lectura, do equipo de Biblioteca e do Claustro do noso IES celebramos o Día do Libro asistindo a un roteiro literario polos espazos vitais e literarios do autor homenaxeado o Dia das Letras Galegas deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.
Estivemos acompañados e guiados por Ricardo Gurriarán, sobriño neto do autor, que nos levou polos lugares da súa infancia na aldea de Córgomo, polos camiños que percorría a diario para ir ao Barco a estudar, e por varios lugares importantes na vida do autor na propia vila de O Barco de Valdeorras. Tamén nos guiou e nos acompañou na lectura de algúns dos seus poemas.
Aínda que é unha actividade organizada polo CAFI, se non hai problema de prazas ou doutro tipo podemos levar algún acompañante como "oínte", o cal nos permitiu neste caso, e nalgún outro, que puidesen asistir algunhas persoas adultas da veciñanza, amantes da lectura e desexosas de saber máis sobre este poeta. Esperamos qeu isto contribúa a que para o próximo curso estas veciñas se animen a achegarse ao centro e a participar noutras actividades, como o Club de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario