Como xa sabedes, este curso queremos ir dándovos a coñecer algunhas das publicacións que temos sobre a Costa da Morte, ou de autores e autoras destas comarcas.
Hoxe presentámosvos un libro moi interesante sobre a comarca na que estamos, a Terra de Soneira. Non é unha guía: é moito máis, porque contén información sobre xeografía, historia, patrimonio, cultura, lingua, tradicións... Podedes botarlle unha ollada cando pasedes pola Biblioteca
E tamén queremos que vexades estes dous libriños do noso veciño da Piroga-Bamiro, o investigador Xosé María Rei Lema. Trátase, o primeiro deles, dunha recompilación de textos sobre a Costa da Morte, publicados por distintos autores e autoras en diferentes épocas. E o outro é un dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.
Xa foron publicados hai varios anos, polo que non aparecen nin os autores que empezaron a publicar máis tarde nin os últimos textos posteriores á publicación dos libros, pero aínda así resultan moi completos e interesantes.