Mirade canto traballamos no obradoiro de Dobralibros. Estes rapaces son uns artistas! Parabéns
Tes na casa libros que xa non che valen, como dicionarios de cando eras pequeno, libros non adaptados ás actuais normas ortográficas, axendas de anos pasados que che regalaron e non chegaches a usar, ou calquera volume que teñas pensado botar no colector para reciclar?
Se é así, podes darlles unha nova vida converténdoos en obxectos decorativos, verdadeiras obras de arte coma estas
Hoxe comezamos o último trimestre do curso coa visita de dúas figuras importantes na nosa literatura:
Carlos Callón, autor dun libro imprescindible para comprender a situación actual da nosa lingua e a orixe de moitos prexuízos que aínda se dan en certos sectores: O libro negro da Lingua Galega, un traballo profundo e minucioso sobre a represión da lingua galega ao longo da historia, desde a Idade Media ata a actualidade: