luns, 30 de setembro de 2024

OBRADOIRO DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

 CEREIXO: ONDE O MAR CHEGA A VIMIANZO





Velaí temos a nosa rapazada de 1º da ESO participando no seu primeiro obradoiro de sensibilización ambiental neste centro. Tivo lugar o pasado día 25 co título de Cereixo, interpretación do mar", e traballamos sobre a paisaxe, o medio ambiente e tamén a historia.

Podedes ver o resumo da actividade e algunhas imaxes no Instagram do IES:

Preme aquí





martes, 10 de setembro de 2024

INFORMACIÓN ÚTIL


 OLA DE NOVO!

Lembrámosvos que no taboleiro de anuncios (xa sabedes: no corredor a carón da porta) tedes información sobre o funcionamento e as normas da nosa Biblioteca


E se precisas máis información, xa sabes onde nos podes atopar

luns, 9 de setembro de 2024