María Oruña é unha escritora viguesa que ata o ano pasado coñeciamos a través da triloxía "Puerto escondido". Trátase de 3 novelas policíacas: Puerto escondido (2015), Un lugar a donde ir (2017) e Donde fuimos invencibles (2018), cuxo nexo común é a santiaguesa Valentina Redondo (tenente da Garda Civil) e os casos que investiga en distintas localidades cántabras.
A novela está ambientada en San Estevo de Ribas de Sil, onde a investigación sobre a morte dun home no mosteiro está conectada coa lenda medieval dos 9 aneis a través da historia dunha muller que viviu en San Estevo en 1830. A historia da desamortización é contada a través da figura de Marina, unha muller adiantada ao seu tempo e que se enfronta ás convencións sociais da súa época.
Casualmente, a investigación realizada pola autora para a escrita do libro (detallada nos Apéndices da novela) deu pé ao descubrimento de parte deses aneis perdidos da lenda. Aquí tedes un enlace coa noticia do descubrimento e un vídeo moi curioso que explica a lenda dos 9 bispos.
Calquera destes catro libros está á vosa disposición na nosa Biblioteca!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario