Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller unha data recoñecida polas Nacións Unidas desde 1975 como unha xornada na que reivindicamos a igualdade e reflexionamos sobre a situación das mulleres na sociedade, celebrando os avances e facendo visible a loita das mulleres por superar os atrancos.
Queredes saber por que se celebra este día e non outro? Neste libriño ilustrado atoparedes a resposta.
Núria Martí Trampa de lume
Está á vosa disposición na Biblioteca, así como outros moitos relacionados co tema da igualdade. Seleccionamos unha pequena mostra de libros e películas que puidestes ver xa ao longo da semana pasada no expositor de fóra e tamén no moble da entrada.
Aquí tedes algunhas imaxes desta pequena selección, pero lembrade que na biblioteca, no apartado de Igualdade, podedes atopar moitos títulos máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario