Vai rematando o Día das Letras Galegas pero non remata aquí o noso interese pola literatura nin a reivindicación da normalización da nosa lingua.
Mañá volvemos á clase e, os que aínda non a vistes, podedes ver a exposición dos traballos de interpretación dalgúns versos de Xela Arias que fixeron en 4º da ESO coa súa profe de Debuxo. Aquí vos deixo unha mostra:
Tamén poderedes ver expostas as obras onde se recolle a poesía de Xela, así como unha mostra dos libros traducidos por ela.
Non deixedes de pasar pola biblioteca, para celebrarmos
365 DÍAS DAS LETRAS!