O vindeiro mércores 12 de maio cúmprense 100 anos do pasamento da escrirora Emilia Pardo Bazán. Na nosa Biblioteca poderedes atopar as súas obras, biografías e outro material sobre esta autora pero para celebrar este aniversario queremos compartir convosco unha novidade da nosa Biblioteca que ten a dona Emilia como un dos seus principais personaxes.
Trátase de A tumba de Breogán, unha novela gráfica publicada a finais de 2020 e da autoría de Abel Alves e Esteban Toj. Na novela, ambientada na Coruña en 1870, unhas escavacións na Torre de Hércules descobren un antigo enterramenteo que Eduardo Pondal vai relcionar coa tumba de Breogán. Póñense así en marcha unha serie de acontecementos nos que Pondal vai precisar a axuda do bandoleiro Anton Dedo d'Ouro e pola que van transitar Manuel Murguía, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán. Esta última ten un especial protagonismo ao axudar a Antón a liberarse dos seus perseguidores.
Unha excelente proposta de lectura para conmemorar o aniversario da autora coruñesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario