venres, 29 de abril de 2022
BENVIDO, DON FLORENCIO!
luns, 25 de abril de 2022
ROTEIRO LITERARIO-DELGADO GURRIARÁN
O pasado sábado, varios membros e ex-membros do Club de lectura, do equipo de Biblioteca e do Claustro do noso IES celebramos o Día do Libro asistindo a un roteiro literario polos espazos vitais e literarios do autor homenaxeado o Dia das Letras Galegas deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.
Estivemos acompañados e guiados por Ricardo Gurriarán, sobriño neto do autor, que nos levou polos lugares da súa infancia na aldea de Córgomo, polos camiños que percorría a diario para ir ao Barco a estudar, e por varios lugares importantes na vida do autor na propia vila de O Barco de Valdeorras. Tamén nos guiou e nos acompañou na lectura de algúns dos seus poemas.
Aínda que é unha actividade organizada polo CAFI, se non hai problema de prazas ou doutro tipo podemos levar algún acompañante como "oínte", o cal nos permitiu neste caso, e nalgún outro, que puidesen asistir algunhas persoas adultas da veciñanza, amantes da lectura e desexosas de saber máis sobre este poeta. Esperamos qeu isto contribúa a que para o próximo curso estas veciñas se animen a achegarse ao centro e a participar noutras actividades, como o Club de lectura.
xoves, 21 de abril de 2022
E TI COMO LES?
LEDE MOITO, LEDE SEMPRE
Para celebrar o Día do Libro, alumnado e profesorado de Literatura Universal, e tamén outras persoas da comunidade educativa do noso centro, aproveitaron os espazos e os recursos da nosa Biblioteca para fotografar e gravar estas imaxes, algunhas das cales podedes ver aquí:
Como vedes, o importante é ler. Tanto ten o momento, o lugar, a posición, a compañía...
LEDE MOITO, LEDE SEMPRE.
FELIZ DÍA DO LIBRO
xoves, 7 de abril de 2022
PARA LER NAS VACACIÓNS
Estamos en abril, o mes do libro e a lectura... aínda que meses e días do libro son todos, e máis para nós.
Pero agora especialmente temos motivos para ler máis: estamos en primavera, as tardes son máis longas... e ademais imos ter uns días de vacacións. Hai mellor xeito de investir ese tempo extra? Non o hai, A LECTURA É O MELLOR INVESTIMENTO.
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións para esta semana de lecer, ou para cando queirades.
Pero xa sabedes que a nosa Biblioteca está chea de propostas para todos os gustos e para todas as idades. Achegádevos a velas!
BOAS VACACIÓNS!
luns, 4 de abril de 2022
EXPOSICIÓN E CONCURSO ENRIQUE LABARTA POSE
venres, 1 de abril de 2022
ALGUNHAS NOVIDADES
Como hoxe empeza o mes de abril, e mañá, como sabedes, conmemoramos o Día do libro infantil e xuvenil (aínda que xa sabedes que para nós os días do libro son todos os días do ano), non queriamos deixar de amosarvos algunhas das novidades que foron chegando a esta Biblioteca.
O mellor é que veñades velas, pero mentres tanto aquí van algunhas:
-
O pasado sábado, varios membros e ex-membros do Club de lectura, do equipo de Biblioteca e do Claustro do noso IES celebramos o Día do Lib...
-
Que cres que falta na nosa biblioteca? Que libro, cómic, película... che gustaría que tivésemos para prestarche e que non hai? Podes escrib...