SEGURO QUE O LATÍN E O GREGO SON LINGUAS MORTAS?
No noso instituto, na biblioteca e nas clases de Bacharelato, están moi vivas, abofé.
E se non, que llo digan ao alumnado de latín que, coa axuda da súa profesora María, están intercambiando cartas e tarxetas postais ¡¡¡ en latín!!! con compañeiras e compañeiros dun instituto de Estremadura.
Nesta ligazón podedes ver algunhas.
E tamén aproveitamos para ensinarvos os fermosísimos marcapáxinas que fixeron, con coñecidas frases en latín e en grego. A ver cantas coñecedes.
E se pasades pola Biblioteca e ledes moito, podedes levar algún que vos guste.
Bulide, que se acaban!
E semanas despois editamos esta entrada para amosarvos outro traballo deste alumnado de linguas clásicas: Se premedes aquí podedes ver unha foto da súa porta chea de vocabulario en latín e grego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario