Que ben o pasamos na festa do Samaín!
Aquí vos deixamos as imaxes do concurso de portas terroríficas, e algúns disfraces tamén. Parabéns, puxéstesllo moi difícil ao xurado!
Pero agora, despois de tanta festa e tanto comer lambetadas terrorrificamente ricas, chegou o momento de facer algo de exercicio, e ao mesmo tempo coñecer o noso territorio.
Aínda estades a tempo de participar nalgunha -ou todas, claro- das andainas que organiza a Asociación Ambiental Senda Nova por terras de Bergantiños, dentro do seu programa Outono en marcha.
Aquí vos deixamos o cartel coas rutas e as datas.
Anímádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario