Lembraredes que o curso pasado lemos no Club de Lectura esta novela, que daquela era a última de Pedro Feijoo. Antes xa leramos todas as súas obras, segundo se ían publicando, non só no club senón tamén como lecturas recomendadas para o alumnado de Bacharelato.
Pero naquel momento foinos imposible contar coa súa visita na nosa Biblioteca.
Así que este ano, e celebrando que hai xusto dez anos que nos visitou por primeira vez, organizamos este encontro no que falamos en xeral de toda a súa obra.
Antes diso estivo varias mañás co alumnado de 4ºda Eso, FP e Bacharelato, impartindo o obradoiro "Emocionarte", do que podedes ver aquí información e imaxes.
Quedamos agardando a publicación da súa próxima novela, que será aló para maio, e esperamos tamén contar cunha nova visita á nosa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario