luns, 17 de febreiro de 2025

ROSALÍA SOBE AOS PENEDOS


PENEDOS DE PASARELA
Cando vos vexo, Penedos,
suspiro de amor por ela.

Xa sabedes que isto non é de Rosalía, senón do seu amigo Pondal, xa o coñecedes polo mural que fixeron os pequenos do centro o curso pasado.

Pero esta semana o que celebramos é o Día de rosalía.

Non temos constancia de que Rosalía de Castro coñecese os Penedos de Pasarela, aínda que pasou cerca cando foi a Muxía. Pero o que si sabemos é que os amaría se os chegase a coñecer, porque Rosalía amaba sobre todo a súa terra.

Por iso, ademais das tradicionais sesións de recitado dos seus poemas na Biblioteca, este ano queremos celebrar o seu día subindo aos nosos Penedos e lembrando alí algúns dos seus Cantares.

Se nos queredes acompañar, vémonos este sábado, día 22, ás 10 da mañá na Praza da Escola de Pasarela. Podedes traer as vosas familias, amigos e veciños. E non esquezades a auga e o bocadillo!

  




Ningún comentario:

Publicar un comentario