luns, 31 de marzo de 2025

ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ

 Antía Yáñez é unha das autoras máis lidas en toda Galicia, e a nosa Biblioteca non podía ser menos. Nos últimos cursos xa levamos lidas varias das súas obras no club de lectura, e tamén como lecturas recomendadas polo profesorado dos niveis superiores da ESO e Bacharelato.

Pero esta vez a quenda foi para os máis pequenos da casa, a rapazada de 1º e 2º da ESO, que recibiron a Antía na Sala de Usos Múltiples, porque na Biblioteca non caben todos, para falar das novelas que leron este ano e o pasado.

Foi un encontro moi interesante, do que podedes ver máis imaxes se premedes 

Aquí

  





luns, 17 de marzo de 2025

CASTELAO NA BIBLIOTECA


A Asociación Trubisquiña, é un gran grupo ben coñecido por nós, do que forman parte moitos alumnos e alumnas do noso IES, algúns deles colaboradores da Biblioteca, e tamén moitos pais, nais e veciños.

Ademais das súas escolas e grupos de música tradicional e baile, fan tamén un gran traballo preparando unha enorme comparsa, coa que se superan cada entroido e coa que adoitan gañar moitos premios nas distintas localidades nas que desfilan.

Este ano homenaxearon a louza de Sargadelos, lembrando as súas pezas máis clásicas.

Á nosa alumna Carmen tocoulle desfilar coa coñecida figura de Castelao. Mirade que guapa:


Pasadas as festas, decidiu traer a figura para a Biblioteca, e aquí a temos entregándonola xunto con compañeiros lectores e colaboradores da Bibliosoneira:



Mirade que ben queda presidindo a nosa mesa de novidades.

 Grazas!




E aproveitamos esta publicación para lembrarvos que podedes ver as fotos da nosa festa do Entroido premendo aquí 


luns, 10 de marzo de 2025

8M

 


Con motivo do Día da Muller houbo moita actividade no centro, pero destacamos especialmente esta, dirixida por Sergio Trillo, psicólogo do Concello de Vimianzo, na que participou o noso alumnado da ESO.

PREMEDE AQUÍ para ver a descrición e imaxes da actividade.