luns, 17 de marzo de 2025

CASTELAO NA BIBLIOTECA


A Asociación Trubisquiña, é un gran grupo ben coñecido por nós, do que forman parte moitos alumnos e alumnas do noso IES, algúns deles colaboradores da Biblioteca, e tamén moitos pais, nais e veciños.

Ademais das súas escolas e grupos de música tradicional e baile, fan tamén un gran traballo preparando unha enorme comparsa, coa que se superan cada entroido e coa que adoitan gañar moitos premios nas distintas localidades nas que desfilan.

Este ano homenaxearon a louza de Sargadelos, lembrando as súas pezas máis clásicas.

Á nosa alumna Carmen tocoulle desfilar coa coñecida figura de Castelao. Mirade que guapa:


Pasadas as festas, decidiu traer a figura para a Biblioteca, e aquí a temos entregándonola xunto con compañeiros lectores e colaboradores da Bibliosoneira:



Mirade que ben queda presidindo a nosa mesa de novidades.

 Grazas!




E aproveitamos esta publicación para lembrarvos que podedes ver as fotos da nosa festa do Entroido premendo aquí 


Ningún comentario:

Publicar un comentario