Despois de que o ano pasado o alumnado de francés gozase dunha semana de convivencia cos seus "correspondants" do Lycée Louis Rascol, de Albi, acompañados por profesoras membros do equipo da biblioteca, este ano tócanos a nós recibilos a eles en Vimianzo.
Hoxe estiveron pola mañá coñecendo o noso centro, incluída, como non, a Biblioteca, e pola tarde visitamos a casa do concello, onde foron recibidos pola alcaldesa, e logo gozaron dunha visita guiada ao Castelo de Vimianzo, que rematou cunha merenda a base de chocolate con churros. Unha boa benvida!
Aquí vos deixamos algunha imaxe e tamén un pequeno resumo das actividades que farán ao longo da semana E Aquí, nas redes do Concello, tamén podedes atopar a crónica desta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario