mércores, 14 de maio de 2025

CANCIONEIRO GALEGO SERODIO

 Onte membros do equipo da biblioteca e alumnado do noso centro asistimos á presentación do Cancioneiro Galego Serodio, de Xabier Díaz, que xa forma parte do fondo da nosa Bibliosoneira.


No acto participaron varias alumnas nosas, pandeireteiras elas tamén, xunto co autor e tamén coa señora Carmen Limideiro, unha veciña de Berdoias que fora informante do propio Xabier Díaz aló polos anos 80 e que  aparece nunha das gravacións do disco que acompaña o libro. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario