luns, 26 de maio de 2025

ENCONTRO CON PEPE CARBALLUDE

 Este mes no noso club de lectura estivemos lendo a última novela de Pepe Carballude, e algunha obra máis do autor nalgúns casos.


 


Pola súa parte, o alumnado de 1º ESO dedicou a súa "hora de ler" no que vai deste trimestre á obra A vida diaria dos romanos, do mesmo autor, aproveitando que neste momento do curso tamén na materia de Historia están traballando sobre as civilizacións grega e romana 

Por iso nos pareceu oportuno organizar un encontro con el. Primeiro falou cos membros do club de lectura, na biblioteca, e despois cos rapaces e rapazas de 1º, que estiveron moi participativos e interesados na vida e costumes dos romanos.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario