Xestionada pola Biblioteca e cofinanciada polo IES e o Concello de vimianzo, e coa colaboración da editorial Galaxia, onte o noso alumnado da ESO e 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar as explicacións de Felisa Segade e Montse Rivera, compoñentes do grupo Leilía, sobre a nosa música tradicional, as súas orixes e usos, os seus instrumentos e tamén os procesos de recollida e conservación de todo este valioso patrimonio.
Como podedes ver se premedes nesta ligazón, na actividade participaron tamén alumnas do noso instituto e colaboradoras da Biblioteca.
Ao rematar, todas as persoas asistentes recibiron cadanseu exemplar do libro Agora que vén a noite, de Marcos Calveiro.
Tamén aquí podedes ver máis información e imaxes desta interesante sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario