venres, 24 de marzo de 2023

QUE PODES FACER ANTE UN LIBRO DE ARTE?

 Os libros de arte da nosa Biblioteca ensínannos moitas obras fermosas. Podes vir, podes mirallos... e ademais tamén podes facer coma estes rapaces e rapazas de 2º da ESO, que levaron a cabo unha actividade de Tableaux vivants, ou Cadros vivos.

Consiste precisamente en vestirse, peitearse, maquillarse, e crear a ambientación necesaria para recrear un cadro que che guste. E fotografarse, claro, para que te vexamos!

Mirade que obras de arte vivas lograron:


 

 

Isto é só unha mostra. No corredor podes ver moitas máis


luns, 6 de marzo de 2023

BOLBORETAS POLA LIBERDADE

 Mirade que fermosa está a nosa biblioteca coas bolboretas moradas voando sobre os libros!

Grazas ao voso traballo colaborativo, outros moitos espazos do centro tamén se encheron destas bolboretas que buscan a liberdade



mércores, 1 de marzo de 2023

LECTURAS POLA IGUALDADE

 Hoxe queremos comezar o mes de marzo, o mes das mulleres, amosándovos unha pequena selección de libros moi diversos, e tamén películas encol do tema da igualdade.

Como sempre vos dicimos, non está todo aquí: temos máis. Animádevos a dar unha volta pola biblioteca e botar unha ollada aos nosos andeis ou ao noso catálogo



xoves, 16 de febreiro de 2023

DEBUXA A TÚA ROSALÍA

 Mira estes retratos de Rosalía de Castro feitos por diferentes artistas contemporáneos


  


Atréveste a facer ti a túa proppia interpretación desta cara tan famosa e tan importante para a literatura do noso país?

Para participar, só tes que realizar un debuxo de Rosalía, facendo a túa propia interpretación deste famoso retrato.  Debes facelo nun folio ou cartolina de tamaño A4, usando calquera técnica (acuarela, ceras, collage, lapis, tinta...) e entregalo na biblioteca antes do venres, 31 deste mes.

Haberá sortedo de regalos pola participación e premio para os mellores.

Anímate a participar!


domingo, 12 de febreiro de 2023

COÑECEDES ESTES LIBROS?


 O pasado día 11 conmemoramos o Día da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía. Imaxinabas que tiñamos tantos libros relacionados con este tema? Non? Pois dentro da biblioteca hai moitos máis. Ven botarlles unha ollada



E mañá sabes que dia é, nonsi? Claro, San Valentín, que disque é o patrón dos namorados.

Imaxinas cantos libros hai que teñen a palabra "amor" no seu título? Mira, aquí tes algúns. Pero na nosa biblioteca hai máis. Anímaste a buscalos polos andeis?

O primeiro que me traia dous diferentes terá un regaliño sorpresa.



E agora poñámonos un pouquiño máis serios porque dentro de poucos días celebraremos o Día de Rosalía. Estes libros si que os coñeces, claro que si




Pero na biblioteca hai máis libros non dela, senón que falan dela. Investiga e dinos os títulos que atopas. Regaliño para o primeiro que o consiga!




luns, 30 de xaneiro de 2023

ARTIGOS NA PRENSA

 Varios rapaces e rapazas da ESO e de Bacharelato, xunto coa súa profesora de Lingua, estiveron investigando e informándose para escribir textos argumentativos sobre un tema que está, tristemente, de actualidade: a implantación de parques eólicos na paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.



Despois algúns deles escribiron artigos de opinión que foron publicados polo xornal Que pasa na costa.

Podédelos ler se premedes nestas ligazóns

https://www.quepasanacosta.gal/opinion/claudia-roget-antelo/penedos-traba-pasarela/20230120104842142673.html

https://www.quepasanacosta.gal/opinion/mateo-calzas/que-e-un-penedo/20230201101206142997.html

https://www.quepasanacosta.gal/opinion/enma-perez/implantacion-eolicos-nos-penedos-pasarela-traba-benefico-destrucion/20230125094947142802.html


luns, 23 de xaneiro de 2023

UN ROTEIRO LITERARIO E OUTRA COUSIÑA

 O pasado sábado, día 21, varios membros do equipo da Biblioteca e do Claustro do noso centro participamos nun roteiro literario na vila de Celanova, en torno á figura do poeta Celso Emilio Ferreiro, e tamén doutros grandes autores como Curros Enríquez.

Acompañounos e guiounos o escritor e crítico literario Ramón Nicolás.

Visitamos varios lugares ligados á súa vida e obra, por exemplo a Casa dos Poetas, sede da Fundación Curros, e tamén lugares cercanos como Vilanova das Infantas ou Castromao.



Por certo, na Casa dos Poetas vimos isto:


É a orla de fin de carreira de Castelao e os seus compañeiros da facultade de Medicina.  E mirando, mirando, atopamos persoas de lugares moi próximos a nós. Se tedes curiosidade, ampliade a imaxe e buscade, a ver a quen atopades.

A primeira persoa que pase pola biblioteca e nos diga o nome e lugar de nacemento de dúas persoas de concellos da Terra de Soneira, terá un regaliño