Como dicía alquel grupo do século pasado...
Grazas pola vosa paciencia e comprensión 😅
Como dicía alquel grupo do século pasado...
Grazas pola vosa paciencia e comprensión 😅
PARTICIPA NOS NOSOS CLUBS DE LECTURA
Reunímonos na Biblioteca do IES en horario de 3.30 a 4.30 o último luns de cada mes, e nesas reunións poñemos en común as nosas lecturas, facendo propostas de lectura e comentando o que lemos ou estamos a ler.
Tamén temos un blog no que iremos poñendo algúns contidos e no que calquera lector ou lectora pode participar facendo comentarios. Podes velo nesta ligazón: http://letraferitsoneira.blogspot.com/
Este curso o Club estará coordinado pola profesora Soraya, de Lingua Castelá.
Para máis información e para inscribirte podes falar con Soraya, Rocío ou Chus Barbeira.
Para máis información e para inscribirte podes falar con Antón Riveiro, ou deixar a túa folla de inscrición na caixa que atoparás na biblioteca.
ANÓTATE XA!
Como todos os anos, empezamos a "atención ao público" para préstamos, etc. o próximo luns, día 3 de outubro.
Tamén coma sempre os préstamos e devolucións de libros farémolos nos recreos. Teredes os vosos números de lectores no caderno de sempre, sobre a mesa.
Mentres tanto estamos ordenando e organizando moitas cousas na nosa bibliioteca, intentando preparar todo para ir empezando.
Antes de nada queremos dar as grazas ao equipo de alumnado colaborador do programa de voluntariado de Bibliotecas Solidarias que nos axudou o curso pasado.
Despedímonos das alumnas e alumno de Bacharelato, agás Paula e Nuria, que continuarán colaborando con nós (estade atentos para recibir o diploma cando vos avisemos), e damos a benvida ao novo equipo: Paula, Nuria, Mario, Sara, Kevin, Ana, Emma, Uxía, Eva, Sergio.
Grazas pola vosa axuda
Onte celebramos a última reunión do noso Club de lectura (á que puideron asistir outras persoas que o desexasen e puidesen facelo, pois as nosas portas están sempre abertas) e gozamos dunha clausura memorable, pois recibimos na nosa Biblioteca a outro dos autores máis lidos este curso.
Trátase de Manuel Iglesias Turnes, un autor case veciño e case "da casa" pois xa non é a primeira vez que nos visita e que nos atende sempre con moitísima amabilidade.
Nesta ocasión estivemos falando da súa última novela, Os soños de Miguel, que se ambienta tamén na parroquia de Cabanas, coma as dúas anteriores, pero nesta ocasión nun tempo de transición entre a tradición e a modernidade, tanto na actividade económica como na vida social, cultural e política.
Celebramos este encontro, e esta clausura, estreando camisetas, que nesta ocasión levan estampada esa fermosa vaca "de Mondrian" que aparece na portada do libro.
Grazas a Manuel, a todos os nosos lectores e lectoras, e ata o próximo curso.
Publicaremos nas próximas semanas o noso último boletín de recomendacións lectoras, para que sigades lendo moito no verán
Boas vacacións!
Unha das autoras de máis éxito en Galicia e fóra, e tamén unha das máis lidas na nosa biblioteca, visitounos onte para falar das súas novelas.
Este encontro foi preparado pensando especialmente no alumnado de 4º, que tivo os seus libros Beleza vermella e A vida secreta de Úrsula Bas como lecturas recomendadas no segundo trimestre, pero tamén en moitas outras persoas usuarias da biblioteca, e sobre todo nos membros do Club de lectura, onde lemos tamén outras obras como Deixe a súa mensaxe despois do sinal.
Foi unha tarde moi agradable e ben aproveitada. Grazas, Arantza