NO FARO DE CABO VILÁN, EN CAMARIÑAS
Ata o remate deste mes está aberta unha exposición dedicada á obra do pintor vimiancés Antón Mouzo.
Aquí vos deixamos dous exemplos:
Blog da Biblioteca do IES Terra de Soneira
NO FARO DE CABO VILÁN, EN CAMARIÑAS
Ata o remate deste mes está aberta unha exposición dedicada á obra do pintor vimiancés Antón Mouzo.
Aquí vos deixamos dous exemplos:
SABEDES O QUE É UN THEREMIN?
Si, iso é: ese instrumento "que se toca sen tocar". Algo parecido a isto.
Pois mirade o que temos hoxe para ensinarvos:
Premede aquí para ver como funciona e como soa o que construíron na clase de TIC, con equipamento e material de Polos Creativos e o asesoramento do profe de música e colaborador da nosa biblioteca
Comezamos o mes de xuño presentándovos o programa de andainas do Concello de Vimianzo. Unha boa maneira de coñecer e valorar o que temos máis preto de nós.
Este mes no noso club de lectura estivemos lendo a última novela de Pepe Carballude, e algunha obra máis do autor nalgúns casos.
Por iso nos pareceu oportuno organizar un encontro con el. Primeiro falou cos membros do club de lectura, na biblioteca, e despois cos rapaces e rapazas de 1º, que estiveron moi participativos e interesados na vida e costumes dos romanos.
Hoxe celebramos o día das Letras Galegas homenaxeando as nosas pandeireteiras vellas por medio da actuación das pandeireteiras novas.
As alumnas María e Laura, acompañadas do profesor Marcos, tamén alumno da escola municipal de pandeireta, ofrecéronnos un miniconcerto no patio, interpretando cancións recollidas aquí en Vimianzo, nas parroquias de Berdoias, Carantoña, Treos e Tines.
En Vimianzo a transmisión deste rico legado está asegurada con esta rapazada
Parabéns.
Aquí vos deixamos uns vídeos.
Onte membros do equipo da biblioteca e alumnado do noso centro asistimos á presentación do Cancioneiro Galego Serodio, de Xabier Díaz, que xa forma parte do fondo da nosa Bibliosoneira.
No acto participaron varias alumnas nosas, pandeireteiras elas tamén, xunto co autor e tamén coa señora Carmen Limideiro, unha veciña de Berdoias que fora informante do propio Xabier Díaz aló polos anos 80 e que aparece nunha das gravacións do disco que acompaña o libro.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR
Lembrade que está aberto o prazo para presentar os vosos traballos para este concurso de promoción da lingua galega, promovido polos departamentos de Dinamización lingüística, de Galego e as Bibliotecas dos institutos da Costa da Morte.
Tedes as bases nos distintos taboleiros do centro e na porta da Biblioteca, e tamén aquí.
Lembrade tamén que podedes seguir levando adhesivos de "aquí tamén se fala" para poñer nos comercios de vimianzo que o desexen.