domingo, 7 de febreiro de 2021

ALGUNHAS NOVIDADES

 Aquí podedes ir vendo  libros, cómics e outras publicacións que fomos adquirindo durante este curso e que vos imos ensinando.

Comezamos con:

Biblioteca inclusiva. Libros con temáticas diversas relacionadas coa inclusión, a iterculturalidade, a diversidade... e tamén libros dos chamados de "lectura fácil", máis acaídos para aquelas persoas que non lles gusta tanto ler, que o fan con algunha dificultade ou simplemente que prefiren libros "non tan gordos"

Algúns exemplos en galego:


Outros en castelán:

E tamén temos libros ilustrados, cómics e novelas gráficas con estas mesmas temáticas. Aquí podedes ver algúns exemplos


Todos eles e moitos máis agárdanvos na Biblioteca. Esperamos que vos gusten

Boa lectura!

4 comentarios:

  1. 'Plan de rescate' (Antía Yáñez) ten boíssima pinta! Temática na linha do tamém recomendável 'Fóra do normal' (María Reimóndez). Bravas as diversidades!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome de que che gusten. Fóra do normal non aparece na foto porque xa non é novo na biblioteca, pero axústase tamén ao tema, igual que un que non aparece tampouco porque xusto o acabamos de adquirir, que gañou o premio Pinto e Maragota pola Diversidade o ano pasado: Cobiza, tamén de María Reimóndez
      Pero hai máis. Busca, busca!

      Eliminar
  2. Entre as novedades adquiridas no aprtado de Biblioteca inclusiva encantoume 'Subnormal'. É a historia autobiográfica do xogador de baloncesto Iñaki Zubirrazeta, con guión de Fernado Llor e ilustracións de Miguel Porto. A historia do acoso escolar que sufriu na súa época escolar (por ser demasiado alto!!) demostra que o diferente nunca é ben aceptado na nosa sociedade. Un libro altamente recomendable para todos os públicos.

    ResponderEliminar