Os grupos de Obradoiro de Teatro e Iniciación ás Artes Escénicas pasaron pola Biblioteca e atoparon este libro que acababa de chegar:
Trátasse dunha selección de fábulas de Esopo adaptadas, dun xeito sinxelo e divertido, e en verso, polo escritor Gonzalo Navaza
O libro gustoulles, as fábulas tamén, e pensaron que sería boa idea preparar algunhas delas e contárvolas.
Coas restricións que todos coñecedes, a posta en escena non vai ser como desexaríamos, pero aínda así pensamos que vos van gustar.
Estade atentos esta semana previa ao Entroido, porque en calquera momento podedes ter a oportunidade de asistir a un espectáculo...
FABULOSO!
Que ganhas de vos ver sobre o escenario! Quitade as máscaras!
ResponderEliminarQuen nos dera poder quitalas! ;)
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarMoi bos todos, de óscar!
Eliminarmoitas grazas
Eliminar