Se cadra algúns de vós pensades que non coñecedes este poeta, pero eu dígovos que si, claro que o coñecedes, porque non é nada mais e nada menos que o voso profe Antón Riveiro.
Moitos xa o sabiades porque xa presentamos aquí o seu primeiro libro, As mans atlánticas da ausencia
Hoxe pasou de novo pola nosa Biblioteca para presentarnos o seu segundo traballo, Alén do corpo, e tamén para conversar cos membros do club de lectura e outras persoas, tanto profesorado como alumnado, que se achegaron tamén para facerlle preguntas e comentarios, para que lles asinase os libros, e para escoitar de primeira man o relato da súa experiencia como poeta e do proceso de creación das súas obras.
Parabéns e grazas, Antón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario