Como vimos facendo ao longo do curso, e agardamos continuar o próximo, queremos animarvos a coñecer a nosa bisbarra a través de diversas publicacións dos seus autores e autoras.
Hoxe queremos presentarvos dúas obras dedicadas a cadanseu río:
_ O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira, editado polo SEMESCOM, do que podedes ler aquí un interesante comentario de Manuel Vilar, historiador e actualmente director do Museo do Pobo Galego
_ O Anllóns, arteria principal de Bergantiños, que editou máis recentemente o Instituto de Estudos Bergantiñáns.
Trátase de dúas lecturas moi interesantes pois nas dúas se describe moi polo miúdo non só o propio río e os lugares que percorre, senón tamén outros aspectos culturais, patrimoniais, lingüísticos, etc. Esperemos que alguén se decida a publicar un traballo similar sobre o río Xallas, o outro grande da Costa da Morte.
Mentres tanto, convidámosvos a pasar pola Biblioteca e botarlle unha ollada a estes dous.
Ningún comentario:
Publicar un comentario