venres, 28 de febreiro de 2025

PASÁDEO BEN NO ENTROIDO!

Aquí chega marzo e con el o Entroido.

Pasádeo ben!

E por certo, aproveitamos para lembrarvos que...


NON SON "CRÊPES"


NIN "TORTITAS"


SOOOONNN.....


FIIII-LLOOOO-AAAAAS



BO PROVEITO!


luns, 24 de febreiro de 2025

ENCONTRO CON PEDRO FEIJOO

 Lembraredes que o curso pasado lemos no Club de Lectura esta novela, que daquela era a última de Pedro Feijoo. Antes  xa leramos todas as súas obras, segundo se ían publicando, non só no club senón tamén como lecturas recomendadas para o alumnado de Bacharelato.




Pero naquel momento foinos imposible contar coa súa visita na nosa Biblioteca. 

Así que este ano, e celebrando que hai xusto dez anos que nos visitou por primeira vez, organizamos este encontro no que falamos en xeral de toda a súa obra.

Antes diso estivo varias mañás co alumnado de 4ºda Eso, FP e Bacharelato, impartindo o obradoiro "Emocionarte", do que podedes ver aquí información e imaxes.

Quedamos agardando a publicación da súa próxima novela, que será aló para maio, e esperamos tamén contar cunha nova visita á nosa biblioteca.



venres, 21 de febreiro de 2025

DÍA DA LINGUA MATERNA

 UNHA CONMEMORACIÓN MOI ESPECIAL E MOI NECESARIA.


Hoxe, 21 de febreiro, celebramos o día da Lingua Materna. A nosa.

Neste ano no que, por primeira vez, o galego xa non é a lingua máis falada en Galicia, cómpre que lembremos a importancia de conservala e mantela como elemento primordial da nosa cultura, de nós.

Como dicía o gran poeta Manuel Antonio:




Por sorte, na Costa da Morte aínda quedamos moitos e moitas que o falamos a diario. Sigamos así.

Orgullosos do noso!




luns, 17 de febreiro de 2025

ROSALÍA SOBE AOS PENEDOS


PENEDOS DE PASARELA
Cando vos vexo, Penedos,
suspiro de amor por ela.

Xa sabedes que isto non é de Rosalía, senón do seu amigo Pondal, xa o coñecedes polo mural que fixeron os pequenos do centro o curso pasado.

Pero esta semana o que celebramos é o Día de rosalía.

Non temos constancia de que Rosalía de Castro coñecese os Penedos de Pasarela, aínda que pasou cerca cando foi a Muxía. Pero o que si sabemos é que os amaría se os chegase a coñecer, porque Rosalía amaba sobre todo a súa terra.

Por iso, ademais das tradicionais sesións de recitado dos seus poemas na Biblioteca, este ano queremos celebrar o seu día subindo aos nosos Penedos e lembrando alí algúns dos seus Cantares.

Se nos queredes acompañar, vémonos este sábado, día 22, ás 10 da mañá na Praza da Escola de Pasarela. Podedes traer as vosas familias, amigos e veciños. E non esquezades a auga e o bocadillo!

  




venres, 14 de febreiro de 2025

TEATRO: A NAI

 Xa hai tempo que lemos Memoria do silencio, de Eva Mejuto, que novela a historia das irmás Touza, que salvaron a vida de moitas persoas desde o seu humilde quiosco na estación de Ribadavia.



Existe algunha máis sobre o mesmo tema, como estas que aínda non lemos pero que leremos

 

E por fin, hoxe tivemos ocasión de ver esta historia representada sobre o escenario do Auditorio municipal, a través da obra A nai. Nesta ligazón deixamos a sinopse e algunha imaxe desta conmovedora peza teatral.



martes, 11 de febreiro de 2025

CIENTÍFICAS

 DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día da Muller e a Nena na Ciencia.



Esta é unha pequena mostra de publicacións relacionadas con este tema. Como vedes, hai biografías, libros de divulgación científica e tamén obras de ficción protagonizadas por mulleres e nenas amantes da ciencia.

Se visitades a biblioteca podedes atopar moitas máis obras que vos van gustar.

luns, 3 de febreiro de 2025

PARABÉNS, DEBUXANTES!

 XA TEMOS GAÑADORAS

Hoxe entregamos os premios ás gañadoras do concurso de ilustración.

Parabéns a todas e grazas pola participación!