luns, 13 de xaneiro de 2025

ILUSTRA O TEU LIBRO FAVORITO

Como xa sabedes, o próximo día 30, coincidindo co aniversario de Castelao, celébrase o Día da Ilustración

E coma todos os anos queremos conmemoralo convocando o noso concurso no que vos pedimos que creedes unha ilustración orixinal para un libro que vos gustase moito.

Tedes as bases nos taboleiros e na porta da biblioteca.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!





mércores, 8 de xaneiro de 2025

COMEZAMOS LEMBRANDO UN CONCERTO ESPECTACULAR

 

XA ESTAMOS DE VOLTA!


E antes de "atacar" o segundo trimestre, queremos deixar AQUÍ a ligazón ás fotos e vídeos do precioso concerto que, para celebrar o Nadal, nos ofreceu o alumnado de música dos distintos niveis, dirixidos polo profesor de música e membro do equipo da Biblioteca, José P.


PARABÉNS!



Para ver outras actividades de decembro, lembrade que podedes visitar o instagram do IES


mércores, 18 de decembro de 2024

A BIBLIOSONEIRA DESÉXAVOS BO NADAL!




A nosa biblioteca queda pequena, por iso tivemos que cambiar de sitio algunhas coleccións, como estas enciclopedias. A partir de agora estarán gardadas na aula da planta baixa, no espazo sinalado como "arquivo biblioteca". Alí poderemos consultalas cando sexa necesario.

Pero antes de retirarse á súa nova casa, os libros despídense converténdose nesta fermosa árbore de Nadal. Gústavos?



E antes de marchar de vacacións, lembrámosvos que tedes as recomendacións de lecturas de inverno nos taboleiros e nos corredores. Botádelle unha ollada e non esquezades ler!

 

AÍ VÉN O INVERNO!


 ESTA SEMANA...

Cambiamos de estación. Chega o inverno.

Mirade o que nos contan en https://orgullogalego.gal/ (unha páxina moi moi interesante, que vos recomendamos) 



Abrigádevos!


luns, 2 de decembro de 2024

CONTRA A VIOLENCIA SEMPRE

 MOITA ACTIVIDADE, SEMPRE NECESARIA, ENCOL DO 25-N


Alguén podería pensar que insistimos moito sobre o tema do machismo e a violencia, pero non é asi. Por desgraza, segue a ser moi necesario abordar este tema.


Nas últimas semanas, o profesorado e alumnado do noso centro participou en varias actividades relacionadas, das que tedes noticia e imaxes:

aquíaquíaquí e aquí tes toda a información.



venres, 29 de novembro de 2024

LINGUAS MOI VIVAS

SEGURO QUE O LATÍN E O GREGO SON LINGUAS MORTAS?

No noso instituto, na biblioteca e nas clases de Bacharelato, están moi vivas, abofé.
E se non, que llo digan ao alumnado de latín que, coa axuda da súa profesora María,  están intercambiando cartas e tarxetas postais ¡¡¡ en latín!!! con compañeiras e compañeiros dun instituto de Estremadura.

Nesta ligazón podedes ver algunhas.

E tamén aproveitamos para ensinarvos os fermosísimos marcapáxinas que fixeron, con  coñecidas frases en latín e en grego. A ver cantas coñecedes.
E se pasades pola Biblioteca e ledes moito, podedes levar algún que vos guste.
Bulide, que se acaban!



E semanas despois editamos esta entrada para amosarvos outro traballo deste alumnado de linguas clásicas: Se premedes aquí podedes ver unha foto da súa porta chea de vocabulario en latín e grego.


venres, 22 de novembro de 2024

ANTÍA YÁÑEZ FÁLANOS DE SAÚDE MENTAL

 COÑECEDES ESTE LIBRO?



Se non o lestes, lédeo, porque está moi ben. Conta moi ben, dun xeito entretido e con toques de humor, o que sente e como se sente unha persoa con TOC

Lembramos este libro, que xa non é o máis recente dela, porque a súa autora visitou Vimianzo o pasado luns 18 pola tarde para falar sobre saúde mental e xénero, nunha actividade á que asistiron os nosos alumnos e alumnas maiores, de Bacharelato e Ciclos, pero que tamén estaba aberta ao público xeral.

Preme aquí