Hoxe entramos oficialmente na primavera, e mañá, 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía.
Xa sabedes que na nosa Biblioteca dispoñemos de moitos libros de poesía, moita e moi diversa: clásica, moderna, contemporánea, máis coñecida ou menos, máis "fácil" ou algo menos doada de ler, en galego, castelán, francés, inglés... Ao longo da semana podedes ver unha pequena mostra no expositor da entrada.
Pero desde aqui este ano queremos homenaxear aos nosos PROFES-POETAS, esas persoas que están no noso Instituto ou que pasaron por el recentemete, e que no seu tempo libre se dedican, entre outras cousas, a escribir.
Empezamos por un que coñecedes ben porque está actualmente no centro. Chámase Antón Recamán, e este é el e o seu poemario recentemente publicado:
Un poemario que, en palabras do propio autor, "nace do silencio". Se ledes esta entrevista poderedes saber un pouco máis de Antón e da súa obra.
Outro dos nosos Profes-Poetas, que pasou connosco moitos anos e que moitos e moitas de vós lembraredes porque non hai moito aínda que marchou, é Anxo, ou Ângelo Brea
Podedes saber máis del e da súa obra se consultades a ligazón anterior, e aquí destacamos estes dous libros de poemas:
Moitas grazas pola entrada! O de poeta penso que aínda me queda algo grande pero seguirei escribindo e a ver se algún día chego aí!
ResponderEliminarAperta grande :D
Non che queda grande, non! Diso nada ;)
ResponderEliminarGrazas a ti polo teu traballo