luns, 12 de maio de 2025
CONTOS DE PRIMAVERA
xoves, 8 de maio de 2025
POESÍA E MÚSICA TRADICIONAL CON LEILÍA E MARCOS CALVEIRO
Xestionada pola Biblioteca e cofinanciada polo IES e o Concello de vimianzo, e coa colaboración da editorial Galaxia, onte o noso alumnado da ESO e 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar as explicacións de Felisa Segade e Montse Rivera, compoñentes do grupo Leilía, sobre a nosa música tradicional, as súas orixes e usos, os seus instrumentos e tamén os procesos de recollida e conservación de todo este valioso patrimonio.
luns, 5 de maio de 2025
PAPANOVAS
Xa temos aquí o novo número da revista O Papagaio, con novas fresquiñas sobre as Letras Galegas e outros moitos temas máis, coma sempre.
Podédelo ler xa, e tamén os números dos meses anteriores, que coma sempre vos agardan no revisteiro con lecturas moi interesantes, e moito de todo. Non o perdades!
mércores, 23 de abril de 2025
RUTA LITERARIA E VISITA AO LUGO MÁIS ROMANO
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO INDO DE EXCURSIÓN!
Despois de dedicar varias das "horas de ler" á lectura dos catro relatos de Contos de fantasmas no museo, os rapaces e rapazas de 1º da ESO complementaron esta lectura coa visita ao Museo Provincial de Lugo, onde realizaron a actividade "Rutas Literarias no Museo" e completaron a mañá visitando a Casa dos Mosaicos.
Despois de dar unha voltiña pola muralla e polo centro histórico da cidade, xantar e gozar de algún tempo libre para xogos e compras, rematamos a xornada cunha interesante visita guiada ao Centro de Interpretación da Muralla.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes, que tamén podedes ver se visitades o Instagram do centro, premendo aquí.
sábado, 12 de abril de 2025
CANTAREIRAS
Grazas, rapaces, por estardes sempre dispostos a colaborar.
xoves, 10 de abril de 2025
A NEVE DO CUCO. TEMPO PARA LER
Disque vai facer mal tempo nestas vacacións. Seica vai chover moito, e mesmo din que nalgúns sitios pode nevar.
Sabedes que no interior de Galicia, onde adoita nevar, a estas neves que veñen xa na primavera chámanlles "a neve do cuco"? A que se deberá ese nome? Investiga e cóntanolo á volta das vacacións. Haberá regaliño para as primeiras persoas que nos traian a resposta correcta.
Aquí non nevará, pero é probable que chova. Por algo di o refraneiro aquilo de...
EN ABRIL, AUGAS MIL
Pero hai moitos máis refráns para este mes. Coñeces algúns?
E se chove, aproveita para ler. Busca as nosas recomendacións de lecturas de primavera nos lugares de sempre.
Pero se non chove tamén podes aproveitar para coñecer un pouco máis do noso patrimonio e a nosa historia. Lembra que durante os días festivos haberá representacións da historia dramatizada do Castelo por parte do grupo Os Quinquilláns
luns, 7 de abril de 2025
OUTRAS LINGUAS-ALUMNADO DE INTERCAMBIO
Despois de que o ano pasado o alumnado de francés gozase dunha semana de convivencia cos seus "correspondants" do Lycée Louis Rascol, de Albi, acompañados por profesoras membros do equipo da biblioteca, este ano tócanos a nós recibilos a eles en Vimianzo.
Hoxe estiveron pola mañá coñecendo o noso centro, incluída, como non, a Biblioteca, e pola tarde visitamos a casa do concello, onde foron recibidos pola alcaldesa, e logo gozaron dunha visita guiada ao Castelo de Vimianzo, que rematou cunha merenda a base de chocolate con churros. Unha boa benvida!
Aquí vos deixamos algunha imaxe e tamén un pequeno resumo das actividades que farán ao longo da semana E Aquí, nas redes do Concello, tamén podedes atopar a crónica desta actividade.
-
BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO! Vémonos a partir de pasadomañá mércores na Bibliosoneira
-
NO FARO DE CABO VILÁN, EN CAMARIÑAS Ata o remate deste mes está aberta unha exposición dedicada á obra do pintor vimiancés Antón Mouzo. Se ...
-
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO INDO DE EXCURSIÓN! Despois de dedicar varias das "horas de ler" á lectura dos catro relatos de Contos d...